04 Nov 2021

WEBINAR "A ESTÉTICA COMO FERRAMENTA DE VENDA NO HOTEL"

Pechado

 

WEBINAR "A ESTÉTICA COMO FERRAMENTA DE VENDA NO HOTEL"

Para inscribirse no Webinar : PIQUE AQUÍ

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas  e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19.

Por ese motivo púxose en marcha o Programa de Macro-Tendencias e Sustentabilidade, no que a través dunha formación práctica estruturada en 7 webinars,  no que se tratará entre outros temas a sustentabilidade, interiorísimo ou eficiencia enerxética, as empresas do sector turístico galego quedarán capacitadas para tomar decisións informadas que lle permitan adaptarse  ás demandas dos clientes do presente e do futuro.


Neste sexto webinar de A Estética como ferramenta de venda do Hotel, farase unha introducción ás tendencias estéticas, ademais de falar dos materiais máis rendibles para as instalacións hostaleiras, tanto sexa para nova obra como para rehabilitacións.


Buscarase, á súa vez, reforzar o concepto da diferenciación e procura da identidade propia do hotel, a través da creación de experiencias.

- Tendencias estéticas
- Materiais rendibles
- Segundas vidas e terceiras para os nosos hoteis


DATA: Xoves, 4 de novembro ás 11:30 h

 

Nº PRAZAS: 150




RELATOR: LOLI MOROÑO · CEO e Directora Creativa de PF1 Interiorismo Contract

Conta con máis de 20 anos de experiencia como interiorista especializada no sector Hospitality. Cursou os seus estudos como interiorista en EASD Pablo Picasso, onde lle outorgaron o Premio extraordinario " Fin de Carrera" na súa especialidade e o CAP na Universidade dá Coruña. Continúa reforzando a súa formación en diferentes disciplinas relacionadas co mundo da artesanía e a arte, sempre combinándoo coa súa traxectoria profesional como formadora e comunicadora.
Tras anos traballando en distintas empresas especializadas no sector hospitality, funda no 2011 conxuntamente coa súa socia Martina Casas o despacho PF1 Interiorismo Contract. Estudo especializado en interiorismo e prescrición estratéxica Hostaleira. Tanto para hostaleiros independentes como para cadeas, desempeñana a súa labor en España, Portugal e con pinceladas internacionais. Tamén sinalar a súa faceta como editora de produto, creando a súa propia marca Sebastian Suite e realizando diferentes pezas para marcas de gran prestixio dentro do sector.


 
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 


 

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación.



CERTIFICADO
Os alumnos que participen no webinar, poderán obter o Certificado de aproveitamento da formación, logo de superar un test de auto avaliación que se lle enviará a través da plataforma de formación de Turismo de Galicia.

INSCRICIÓN
Para inscribirse no Webinar :  PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba