COMO CREAR PRODUTOS EXPERIENCIAIS E SOSTIBLES (1 HORA)
Pechado
COMO CREAR PRODUTOS EXPERIENCIAIS E SOSTIBLES (1 HORA)
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.
Aprende a crear produtos turísticos sostibles e experienciais desde cero neste curso completo. Descobre como idear, definir e posicionar os teus produtos nos motores de procura coa axuda dun canvas de produto que contén todos os elementos necesarios para deseñar un produto completo. Aprende sobre a proposta de valor, os atributos, os segmentos, as canles, os wows, os ingresos, os gastos e a importancia de cumprir cos ODS.
O curso divídese nunha sección teórica, unha descrición detallada do canvas de produto, un caso práctico e dous persoais para axudarche a deseñar, documentar e posicionar os teus produtos. Dedica unha hora a este curso e descobre o fácil que é crear novos produtos turísticos sostibles e emocionantes.
DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023
Nº PRAZAS: Ilimitadas
FORMADOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña. Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital, na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps
DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de marketing.
INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal