20 Mar 2024

SLIDES DA OFIMÁTICA DE GOOGLE (1 HORA)

31 December 2024

SLIDES DA OFIMÁTICA DE GOOGLE (1 HORA)
 

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Aproveita ao máximo todas as funcionalidades que Slides (presentacións) da ofimática de Google ten para ofrecer. Con esta  formación, poderás descubrir 25 trucos para sacarlle o maior proveito a Slides, ver unha demostración práctica e realizar un exercicio.
 
Slides é un software baseado na nube que che permite crear, editar e publicar presentacións en liña de forma individual ou colaborativa, integrando texto, imaxes, vídeos e outros formatos. É o software máis potente para crear presentacións no mercado e na nube, e o mellor é que non require a instalación de ningún software e é totalmente gratuíto.
 
Co noso programa, aprenderás a crear persoais, xestionar o acceso de varios usuarios ao mesmo documento, traballar sen conexión e xestionar versións, entre outras cousas.
 
Na nosa aplicación práctica, tamén poderás aprender a crear unha plantilla corporativo en Slides utilizando o documento mestre, ademais doutros trucos e consellos útiles. Non te perdas a oportunidade de sacar o maior proveito a Slides coa esta formación.

DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

FORMADOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.
 

INSCRICIÓNS

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba