25 out 2022

Galicia bateu récords históricos neste verán tanto en chegadas de turistas como de peregrinos con cifras nunca acadadas ata o de agora

Con preto de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites noconxunto dos aloxamentos turísticos, Galicia superou os datos turísticos de 2019

Destaca que o 81 % da demanda turística corresponde ao turismo de ámbito nacional, onde os galegos e galegas superaron os niveis de demanda dos últimos anos no ámbito hoteleiro, acadando a cifra máis elevada da serie histórica

Estes datos permitiron que Galicia mellore en sete puntos o comportamento global
do conxunto do Estado, situándose no grupo de comunidades coas taxas de crecemento máis elevadas
 
O turismo internacional acumula ata agosto máis de 2,1 millóns de noites,
triplicando o nivel do mesmo período do ano pasado e marcando tamén o nivel
máximo da serie histórica
 
 As Rías Baixas eríxese como principal destino turístico de Galicia no verán, con
preto de 1,3 millóns de noites no segmento hoteleiro
 
Destaca o grande éxito do Camiño de Santiago, cun récord de compostelas
entregadas neste verán que acada as 153.000
O Camiño de Santiago bateu todos os récords de peregrinos.

O Consello da Xunta deu conta do balance turístico da tempada de verán nun informe en que se constatou que Galicia bateu récords históricos tanto no que se refire a turistas como a peregrinos. A celebración do segundo Ano Xacobeo e a oferta dun turismo non masificado e en contacto coa natureza que ofrece Galicia forondeterminantes no éxito de recuperación turística na nosa Comunidade.

Este verán Galicia rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites no conxunto dos aloxamentos turísticos galegos, cifras que superan nun 14,5 % os datos do ano pasado e que superan nun 12,4 % a cifra de viaxeiros do ano
2019.
 
O 81 % da demanda turística corresponde ao turismo de ámbito nacional, segmento que inclúe tanto o turismo interno -o dos residentes en Galicia- como o receptor nacional -aqueles que proveñen das restantes comunidades autónomas do Estado-.
 
Destaca de todos eles o turismo interno -dos residentes en Galicia- que superan os niveis de demanda dos últimos anos, rexistrando 570.000 noites só no ámbito hoteleiro, -a cifra máis elevada da serie histórica. Marcan tamén dinámicas positivas os turistas procedentes de Madrid, Andalucía e Castela e León, con incrementos tanto en relación co ano pasado como en comparación con 2019.
 
O segmento internacional, que foi o 19 % do total, acumula ata agosto máis de 2,1millóns de noites, triplicando o nivel do mesmo período do ano pasado e marcando tamén o nivel máximo da serie histórica. Estes datos son consecuencia do bo comportamento rexistrado na temporada media e alta, e sobre todo da achega realizada desde o lado dos albergues, onde o mercado internacional xera 443.000 pernoctacións no acumulado anual.
 
Todos os principais mercados internacionais superan os niveis de demanda do verán pasado -cando menos no ámbito hoteleiro- e tres conseguen situarse por encima das cifras de 2019. Son os EUA, cun 28 %; Portugal cun 10 %; e Francia, cun 2 %.
 
Ademais, Portugal no ámbito hoteleiro representa neste verán o 25 % do total dos estranxeiros que se aloxaron en Galicia.
 
Recuperación en todas as tipoloxías establecementos
 
No eido da demanda turística, todas as tipoloxías superan os niveis de demanda do ano pasado. Neste senso, a maior parte da demanda corresponde aos establecementos hoteleiros, seguidos do segmento extrahoteleiro, que reúne os apartamentos turísticos, os cámpings, os establecementos de turismo rural e os albergues.
 
O 62 % da demanda turística corresponde aos establecementos hoteleiros e o 38 % restante sitúase no segmento extrahoteleiro. Os albergues superan nun 74 % as cifras de 2021.
Cabe destacar neste senso que, no conxunto do verán, a comunidade experimentou un incremento do 12,4 % respecto aos viaxeiros aloxados no ano 2019, xerando no acumulado ata agosto preto de 9 millóns de pernoctacións.
 
Estes datos permitiron que Galicia mellore en sete puntos o comportamento global do conxunto do Estado, situándose no grupo de comunidades con taxas de crecementomáis elevadas en relación cos niveis previos á pandemia.
 
Análise territorial
 
A nivel territorial, obsérvase no verán un comportamento positivo xeneralizado nos diferentes xeodestinos da comunidade. Todos superan as cifras do ano pasado, con
intensidade variable, coa única excepción de dous destinos concretos localizados no
interior de Galicia:
 
A Ribeira Sacra e Manzaneda-Trevinca. No verán destacan como principal destino turístico de Galicia, con preto de 1,3 millóns de noites no segmento hoteleiro, as Rías Baixas -sendo o subdestino Arousa Norte o de maior volume e peso con 720.000 noites-
 
Terras de Santiago supera nun 24 % as cifras do pasado ano; a Costa da Morte e Ferrolterra acadaron aumentos superiores ao 20 %, e as zonas da Coruña-As Mariñas, subas de arredor dun 15 %.
 
A nivel urbano, Santiago e Pontevedra melloran as cifras do ano pasado, Vigo ten unha suba máis moderada e Ourense mantense nos niveis do verán.
 
O éxito do Camiño de Santiago
 
O Camiño de Santiago dobrou os datos do ano pasado e supera nun 32 % o número de peregrinos do ano 2019, último máis elevado de toda a serie do verán, acadando as 153.000 compostelas.
 
O 70 % das compostelas corresponden ao segmento dos españois, que con preto de 107.000 marca tamén neste verán un máximo da serie histórica -supera nun 58 % a cifra previa á pandemia-. O 30 % restante, con máis de 46.000 compostelas, corresponde ao mercado internacional, cifra que supera en máis do dobre o dato do ano pasado.
 
Andalucía e Madrid son as principais comunidades autónomas de orixe dos peregrinosespañois, absorbendo ambas o 45 % do total nacional, seguidas de Valencia, Cataluña e Castela A Mancha. Todos os segmentos de mercado superan non só as cifras do ano pasado senón tamén as de 2019.
 
Todas as rutas de Santiago melloran non só as cifras do ano pasado senón tamén os niveis previos á pandemia, con maior intensidade nos camiños de Inverno, Inglés, Portugués da costa e Primitivo, e o camiño Francés mantén a hexemonía no ámbito da peregrinación a Compostela, co 49 % das compostelas entregadas.
 
O ámbito internacional consolida neste verán a recuperación que iniciara a principios de ano. A nivel internacional destaca Italia como o principal país de orixe dos peregrinos estranxeiros, por diante dos EUA, Portugal e Alemaña. En termos relativos, destaca o   incremento rexistrado polo ámbito americano -o volume de peregrinos procedentes dos EUA supera nun 33 % o nivel de 2019-, así como por Portugal -que supera tamén cifra previa á pandemia.
 
Arriba