O presidente da Xunta participa na presentación do ‘Balance do Xacobeo 2021-2022’ en Santiago
Subliña que Galicia pechou 2022 con máis de 438.000 compostelas entregadas, a maior cifra da historia e fala de “éxito colectivo” de toda a comunidade
Destaca que o Camiño de Santiago “fai máis grande a Galicia” desde o punto de vista “económico, cultural e de identidade”
Resalta que a Xunta xa traballa coa vista nos Xacobeos de 2027 e 2032 e busca promover que Galicia se manteña coma un destino atractivo para os turistas
No acto recoñeceuse o labor a prol do Camiño de diferentes entidades, colectivos e personalidades, entre elas, a periodista Ana Rosa Quintana que recibiu unha mención especial por promover a ruta xacobea