CALIDADE TURÍSTICA

22 feb 2024

FORMACIÓN E ASESORAMENTO "ECONOMÍA REXENERATIVA: UN PASO MÁIS"

Pechado

FORMACIÓN E ASESORAMENTO "ECONOMÍA REXENERATIVA: UN PASO MÁIS"

Para solicitar praza: PIQUE AQUI

Programa

 

O Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, persegue facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, mellorar a sustentabilidade e innovación na xestión como resposta aos novos desafios do mercado turístico nos vindeiros anos.

O obxectivo desta formación de 3 horas será facilitar a comprensión da economía rexenerativa e poñer o foco na estratexia da empresa cara á súa implementación.

CONTIDOS

  • Novas Economías: a economía rexenerativa, Por qué?
  • Como aplicamos a economia rexenerativa ás empresas turísticas?
  • Implementación da rexeneración: estratexias rexenerativas aplicadas ao turismo
  • Como establecer indicadores rexenerativos clave para avaliar a competitividade da miña empresa
  • Casos de rexeneración no turismo

METODOLOXÍA
Formación en liña de 2 horas de exposición a cargo do relator principal e 1 hora adicional a cargo dun panel de expertos formado por profesionais que presentarán os seus casos de éxito.

DATA: Xoves 22 de Febreiro de 10:30h a 13:30h a través de Zoom

Nº PRAZAS: 100

FORMADOR: José Manuel Carbó
Master en Dirección e Xestión Hoteleira pola Univ. Politécnica de Madrid, Master en Creación de Pymes (EOI)


PANEL DE EXPERTOS:

  • Pepe Formoso, propietario do HOTEL BELA FISTERRA e ALBERGUE BELA MUXÍA
  • María López Yang, Responsable de proxectos THE GOOD CONCIERGE
  • Esther Callizo, Consultora experta en Comunicación e Marketing institucional


ASESORÍA PERSONALIZADA
Unha vez rematada a formación, os asistentes poderán solicitar  servizo de asesoría personalizada ( prazas limitadas). Este servizo en liña terá unha duración de 3 horas por  empresa e o custo da mesma estará financiada por Turismo de Galicia nun 80%.


DESTINATARIOS
Esta formación é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar o enfoque comercial do seu proxecto ou empresa.

CUSTO
Formación gratuíta.  Financiada 100% por Turismo de Galicia
Asesoramento personalizado financiado 80% por Turismo de Galicia

INSCRICIÓNS
Para solicitar praza: PIQUE AQUI
 

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

 

Arriba