CALIDADE TURÍSTICA

18 May 2022

CURSO PORTUGUÉS TURÍSTICO

Pechado

 

 

 

Programa

 

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  cunha oferta de 70.000 horas de formación en diferentes linguas para que os profesionais do sector poidan  mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitan Galicia.

O curso de Portugués Turístico (Nivel A2), de 75 horas de formación,  permitirá adquirir un primeiro coñecemento da lingua portuguesa ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.

Neste curso aprenderás dunha maneira autónoma como saudar educadamente, dar e pedir información persoal, presentarse a se mesmo e a outros; Falar de se mesmo, da familia, de amigos, etc. Dar información sobre as profesións do sector turístico, países e idiomas, os números, días e a hora, verbos específicos para o servizo ao cliente e vocabulario esencial para a hostalería ademais de vocabulario sobre a cidade, a alimentación, o transporte. Estudiarase como explicar enderezos, itinerarios, horarios de transporte etc.


Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais básicos como os artigos, a conxugación nos principais tempos do Indicativo (presente/pasado/futuro), e outros. Ademais, traballaranse moitos os falsos amigos presentes na diferenza entre galego e portugués, a fonética e as estruturas máis complicadas para os galegos. Aumentarás os teus coñecementos con este novo idioma para empezar a atender clientes en portugués.



METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.


NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO
: A2


DATAS:

Solicitude de praza: do 3 ao 12 de maio

Confirmación admitidos: 13 de maio

Duración do curso: O curso consta de 2 períodos cunha parada en verán  para repasar contidos.

1º período: do 18 de maio ao 28 de xuño

2º período: do 19 de setembro ao 28 de outubro

Nº PRAZAS:
100

FORMADORA: Eva Miriam Sampaio
Eva Miriam Sampaio  será a  titora deste curso. É portuguesa , Licenciada en Estudos Portugueses e españois pola Universidade de Lisboa e Máster en Educación  Biligüe,   con máis  10 anos de experiencia ensinando, traducindo e desenvolvendo contidos de cursos de portugués para plataformas de formación. É a  CEO e profesora de Cosmos Academia, e colabora con diferentes institucións dando formación como a  TECH Universidade Tecnolóxica ou a Universidade da Lagoa.


DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua francesa para comunicarse con turistas e peregrinos.

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego   no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.

Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final  en liña na Plataforma de Turismo de Galicia,  en horario libre, que poderá facer entre o mércores 2 de novembro e o venres 4  ate as 14:00 horas.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:
Para facer a solicitude de praza: PIQUE AQUÍ
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 
 



 

Arriba