CURSO ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS - NIVEL 1 (20 HORAS)
Pechado
CURSO ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS (NIVEL I)
Para solicitar praza emprega esta ligazón: INSCRICIÓN AQUI
Programa
Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, inclúese a Formación en Lingua de signos e comunicación con persoas xordas co obxetivo de ampliar coñecementos e mellorar cada vez máis a cualificación profesional dos traballadores do sector turístico galego, mellorar a atención e a comunicación coas persoas xordas e xordocegas no ámbito do turismo en Galicia e favorecer unha sociedade máis inclusiva.
CURSO NIVEL I: ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS
DATA: Do 10 Febreiro ao 12 de Marzo de 2025
HORARIO: Os Luns e Mércores de 10:00 a 12:00 con clases a través de aula virtual. Obrigatorio conectarse nas horas do curso xa que son clases en directo e participativas.
Sesións: 10, 12, 17, 19, 24, 26 de Febreiro e 3, 5, 10 e 12 de Marzo
Examen: do 18 ao 21 de Marzo de 2025
Nº PRAZAS: 14
CONTIDOS:
O curso ten unha duración de 20 horas, e combinará formación teórica e práctica, achegando ás persoas participantes non só á lingua de signos, senón tamén á realidade social e cultural da comunidade xorda.
Contidos teóricos:
- Achegamento á comunidade xorda: aclaración de conceptos.
- A xordeira e a xordocegueira: definición e clasificación.
- Atención a persoas xordas no ámbito do sector turístico.
- Recursos profesionais e recursos técnicos de interese.
- Nocións básicas de gramática da Lingua de Signos Española.
Contidos prácticos:
- Alfabeto dactilolóxico da LSE.
- Saúdos e presentacións.
- Pedir e dar información persoal.
- As persoas: descrición persoal e estados de ánimo.
- Actividades básicas da vida cotiá.
- Viaxes e medios de transporte.
METODOLOXÍA:
Curso telepresencial con clases en directo nas que os docentes realizarán as explicacións dos contidos teóricos e prácticos, resolverán as dúbidas do alumnado e se realizarán actividades prácticas de carácter individual e grupal. O alumnado do curso terá á súa disposición material audiovisual de repaso e práctica.
DESTINATARIOS: Persoal do sector turístico de Galicia que desexe adquirir coñecementos básicos sobre a comunidade xorda e a lingua de signos e adquirir destrezas comunicativas que faciliten a atención ás persoas xordas e xordocegas no ámbito do sector turístico.
REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
REQUISITOS TECNOLÓXICOS:
Dispoñer dun dispositivo informático con cámara e micrófono (ordenador ou tableta).
Dispoñer de conexión a internet.
Conectarse ás clases coa cámara acendida para que os docentes podan realizar o seguimento e avaliación dos coñecementos prácticos adquiridos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O alumnado do curso deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións para obter o certificado. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos realizarase mediante unha proba tipo test e os coñecementos prácticos mediante a avaliación continua dos exercicios prácticos propostos polos docentes e realizados ao longo do curso, tendo que superar ambas partes para obter certificado.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 20 horas os que superen o curso de acordo aos criteros de avaliación.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN:
Para solicitar praza emprega esta ligazón: INSCRICIÓN AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal