CALIDADE TURÍSTICA

03 out 2023

FORMACIÓN E ASESORAMENTO "COMO XESTIONAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA"

Pechado

 

FORMACIÓN E ASESORAMENTO "COMO XESTIONAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA"

Para solicitar praza: PIQUE AQUI 

Programa

 


O obxectivo deste curso consiste en facilitar pautas de como levar a cabo o aforro enerxético, cumplir cos obxectivos de sostibilidade e anticiparnos á normativa en enerxía.

CONTIDOS

  • Que é a eficiencia enerxética?
  • Como realizar un plan de eficiencia enerxética acorde á miña realidade e territorio?
  • Boas prácticas en eficiencia enerxética para as miñas instalacións
  • Indicadores de medición para a competitividade e rexeneración en eficiencia enerxética


MEDODOLOXÍA
Formación en liña de 2 horas de exposición a cargo do relator principal e 1 hora adicional a cargo dun panel de expertos formado por profesionais que presentarán os seus casos de éxito.

DATA: Martes 03 de Outubro de 10:30h a 13:30h

Nº PRAZAS: 100

FORMADORA: Antonia Blanquer
Diplomada en Turismo. Postgrado en Xestión de la I+D+I. Master en planificación e dirección de turismo pola Universidad de les Illes Balears. Experta en normativa medioambiental, sistemas de xestión e memorias de sostibilidade.

PANEL DE EXPERTOS:

  • Alejandra Porto, Responsable de calidade e sostibilidade  Hotel Port Blue
  • María Razumova, Responsable de sostibilidade Amadip Esment
  • Pablo Suárez, CEO Más Norte Energía


ASESORÍA PERSONALIZADA
Unha vez rematada a formación, os asistentes poderán solicitar  servizo de asesoría personalizada ( prazas limitadas). Este servizo en liña terá unha duración de 3 horas por  empresa e o custo da mesma estará financiada por Turismo de Galicia nun 80%.


DESTINATARIOS
Esta formación é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar o enfoque comercial do seu proxecto ou empresa.

CUSTO
Formación gratuíta.  Financiada 100% por Turismo de Galicia
Asesoramento personalizado financiado 80% por Turismo de Galicia

INSCRICIÓNS
Para solicitar praza: PIQUE AQUI
 

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

 

Arriba