CALIDADE TURÍSTICA

20 Mar 2024

Autodiagnóstico das empresas do sector Turístico de Galicia

31 December 2024

PARA FACER O AUTODIAGNÓSTICO PIQUE AQUÍ
autodiagnostico.dixitagalicia.com

 

 A ferramenta de autodiagnóstico das empresas do sector turístico serve para medir a madurez dixital e sostible do sector en Galicia e ofrece numerosos beneficios para as empresas participantes.

A través dun formulario en liña, que se completa en 8-10 minutos, a empresa recibe:

  • Un informe co nivel de madurez por dimensión: análise de negocio, cultura dixital, estratexia orientada ao cliente, innovación, metodoloxías áxiles, negocio dixital, sostibilidade e tecnoloxía
  • Un gráfico radial comparándoa súa empresa co resto do sector ( mesma actividade)
  • Listado de indicadores que se cumpren e cales están pendentes



Os beneficios para a empresa participante son:

  • Coñecer o estado actual da empresa
  • Identificar cales son as áreas máis críticas e os indicadores de evolución
  • Facer unha análise comparativa con outras empresas similares de Galicia
  • Ser consciente das debilidade da empresa
  • Definir a estratexia para mellorar resultados
  • Concretar a estratexia e definir obxectivos
  • Identificar as accións concretas para alcanzar os obxectivos
  • Medir a evolución dos resultados no tempo ( recoméndase ás empresas realizar o autodiagnóstico en intervalos de 6 meses )
  • Acceder gratuitamente ás formacións de Turismo de Galicia


Os datos recollidos no autodiagnóstico proporcionarán, a nivel xeral, unha foto do grado de madurez dixital e sostible das empresas do sector turístico de Galicia, e a nivel individual, as diferentes empresas participantes obteñen información sobre a súa situación particular tanto en relación ao sector en conxunto como ao seu subsector concreto.

A finalidade última de esta ferramenta de autodiagnóstico é proporcionar o coñecemento base a partir do cal as empresas poden emprender a viaxe da transformación dixital e sostibilidade que facilite a adaptación empresarial a un entorno social, económico e medioambiental en constante evolución.

As empresas do sector turístico que desexen participar de xeito gratuíto nas formacións en liña (webinars), asesoramentos personalizados, exercicios prácticos, así como dispoñer de “micro píldoras” formativas nas áreas de estratexia, innovación e sostibilidade, marketing e tecnoloxía que ofrece Turismo e Galicia deberán realizar previamente o autodiagnóstico.

Este proxecto esta liderado pola  Dirección de Profesionalización de Turismo de Galicia para identificar as necesidades das empresas turísticas de Galicia e mostrar unha imaxe fiel do seu grao de madurez empresarial.

Programa

 

  1. Facer o autodiagnóstico do sector turístico.
  2. Definir unha estratexia con obxectivos que axuden a alcanzar os indicadores que non se cumpren. 
  3. Acceder á formación de Turismo de Galicia e realizar os cursos que se consideren necesarios.
  4. Facer de novo o autodiagnóstico en intervalos de 6 meses  para ver a evolución da empresa.


 

 

PARA FACER O  AUTODIAGNÓSTICO PIQUE AQUÍ
Para máis información: formacion@turismo.gal
autodiagnostico.dixitagalicia.com
Arriba