WEBINAR "FUNCIONAMENTO, VIABILIDADE E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS TURÍSTICOS NAS DISTINTAS PLATAFORMAS"
Pechado
Webinar: Funcionamento, viabilidade e comercialización de produtos turísticos nas distintas plataformas
Programa
A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas para guías de turismo e outras profesións turísticas co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, comunicación e cultural.
Este Webinar está dirixido a empresas de actividades e guías turísticos que queiran vender e promocionarse online.
Na sesión desenvolverase unha folla de ruta paso a paso ademais de deseñar o mix de canles adecuadas incluíndo os principais marketplaces de actividades.
Obxectivos:
● Coñecer as principais tendencias de mercado na venda de actividades.
● Deseñar unha folla de roteiro para a venda online.
● Deseñar estratexias de inbound márketing para a xeración de leads.
● Desenvolver a presenza en marketplaces e implantar a estratexia Billboard Effect.
● Channel manager e sistema de métrica.
DATA: Xoves, 14 de maio ás 11:00 h.
Nº PRAZAS: 200
RELATOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña. Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital, na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.
DESTINATARIOS:
Guías de Turismo e outros profesionais do sector do turismo de Galicia
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación
INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ
Máis información: formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18