CALIDADE TURÍSTICA

25 nov 2021

WEBINAR ARQUITECTURA E ECOTURISMO · CASOS DE ÉXITO EN GALICIA

Pechado

WEBINAR ARQUITECTURA E ECOTURISMO · CASOS DE ÉXITO EN GALICIA

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas  e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19.

Neste webinar de Arquitectura e ecoturismo, veremos as accións e alternativas que dispoñen as empresas turísticas en Galicia para ben, converter a súa oferta nunha iniciativa de ecoturismo, ou ben lanzar unha nova iniciativa turística eco-sostible.

A eco-arquitectura proxecta e recupera edificios procurando a harmonía coa súa contorna e a autonomía no consumo das instalacións, pero polo menos debe coidar tres áreas: en primeiro lugar, ter un deseño adecuado que aproveite as características e recursos bioclimáticos do lugar. En segundo lugar, debe estar construída con materiais bio-construtivos ou cos menos contaminantes, tanto no seu proceso de fabricación ou transformación como na súa vida útil, proporcionando saúde e benestar aos seus usuarios. En terceiro lugar, debe reducir a demanda enerxética prestando atención á envolvente e propoñendo enerxías renovables.

Poderemos coñecer e analizar casos de éxito en Galicia, que parten dunha formulación sostible desde o inicio do proxecto de arquitectura e que achegan solucións de espazos sensoriais, con calidade arquitectónica e que prestan atención á eficiencia enerxética e sustentabilidade.
 



DATA: Xoves, 25 de novembro ás 11:30 h

 

Nº PRAZAS: 150




RELATOR: MAURO LOMBA · Arquitecto Director NEMONON

Director de NEMONON, un Espazo Multidisciplinar Creativo ao redor da Arquitectura con 25 anos de experiencia como arquitecto de edificios singulares. ë profesor de Proxectos VII na escola de Arquitectura de CESUGA e foi , entre outras construccións, arquitecto da Pousada de Armenteira e da Pousada de Ribadumia.



DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 


 

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación.



CERTIFICADO
Os alumnos que participen no webinar, poderán obter o Certificado de aproveitamento da formación, logo de superar un test de auto avaliación que se lle enviará a través da plataforma de formación de Turismo de Galicia.

INSCRICIÓN
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba