CURSO DE INGLÉS PARA BARES E RESTAURANTES
Pechado
CURSO DE LINGUA INGLESA PARA BARES E RESTAURANTES
Programa
Dentro do Plan de formación para o sector turístico posto en marcha por Turismo de Galicia a través do CSHG, contémplase a formación en idiomas como alicerce fundamental para o desenvolvemento turístico de Galicia.
Este curso de Inglés específico para Bares e Restaurantes, permitirá mellorar o coñecemento da lingua inglesa aos profesionais do sector no seu uso diario en negocios de hostalería. O alumno aprenderá dun xeito práctico como dar información básica sobre os servizos nun negocio hostaleiro e sobre as principais responsabilidades que se encontran diariamente nos establecementos.
METODOLOXÍA
Curso 100% OnLine de 20 horas con flexibilidade de horarios a través dunha plataforma de teleformación.
NIVEIS DE IDIOMAS DOS CURSOS
O curso está deseñado para persoas cos seguintes niveis: A1, A2 e B1
DATAS
Data límite inscrición: 29 de Novembro
Inicicio do curso: 03 de Decembro (duración 1 mes con horario flexible adaptado a cada participante)
Nº PRAZAS: 200
DESTINATARIOS:
Persoal do sector da Hostelería en xeral
REQUISITOS
Ser traballador do sector hostaleiro galego
CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 20 horas de formación, as persoas que rematen non menos de un 80% do curso Online
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto
INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal