WEBINAR “CUSTOMER CENTRIC: O CLIENTE MARCA O RITMO DAS MIÑAS VENTAS”
Pechado
WEBINAR “Customer centric: o cliente marca o ritmo das miñas ventas”
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico, no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.
Poñer ao cliente no centro supón a clave da transformación dixital. Aliñar todos os procesos do negocio para que xiren entorno á proposta de valor que debemos de entregar resulta a garantía para que as vendas do negocio turístico se disparen.
OBXETIVOS
Aprender a utilizar os diagramas de aliñamento coas necesidades do cliente.
Identificar as diferenzas entre segmento de mercado, arquetipo de cliente, protopersona e buyer persoa.
Entender como afecta á tradicional segmentación turística dos mercados.
Elaborar o mapa de empatía dos meus clientes respecto ao meu negocio.
DATA: Luns , 25 de xaneiro ás 11:00 h
Nº PRAZAS: 150
RELATOR: Joantxo Llantada
Licenciado en Xestión comercial e Marketing ( ESIC) e Máster de Investigación operativa e Sistemas ( Universidade de Valencia), conta con máis de 25 anos de experiencia en márketing de servizos e é experto en Innovación e tendencias do mercado turísticos, transformación dixital e novos modelos de negocio. Foi Director de Invat. tur - Instituto Valenciano de Tecnoloxías Turísticas, e participou no Deseño da Estratexia de Transformación Dixital do Turismo da Comunitat Valenciana entre outros proxectos para administracións públicas en materia turística. É profesor en materias de márketing, estratexia dixital e innovación en diferentes programas de escolas de negocio e Universidades como no MBA Turismo do Instituto de Empresa, Master eTourism para o CETT (Universidade de Turismo de Barcelona), Máster Internacional de Innovación da UCAM de Murcia, MBA de Turismo y Ocio da Universidade Católica de Valencia, entre outras.
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación
INSCRICIÓN
Máis información: formación.turismo@xunta.gal