CURSO DE REVENUE MANAGEMENT PARA HOTEIS INDEPENDENTES
Pechado
CURSO COMPLETO
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está facilitarlle ás empresas do sector ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e incrementar os ingresos. Por ese motivo ofrécese un curso práctico para dar a coñecer as ferramentas para que os hoteis independentes de Galicia aprendan a deseñar unha estratexia de prezos axeitada para o seu negocio e optimizar os seus ingresos, nun contexto no que a venda a en liña será cada vez maior e a distribución dos servizos nos diferentes canais unha peza clave de xestión para o hostaleiro.
METODOLOXÍA
Curso de 20 horas a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, repartidas en 6 sesións, no que os alumnos deberán asistir ao 80% das clases en liña.
CONTIDOS
Sesión 1: Introdución e Contexto
Un pouco de historia e un pouco de futuro en Revenue Management
O contexto do mercado e a competencia: Benchmarking hostaleiro
Tomamos decisións?: O Revenue Management e a estratexia de negocio
Sesión 2: Os datos e a auditoría do Revenue Management
Os Key Performance Indicators do Revenue Management.
A auditoria de Revenue Management
Recompilación dos datos de Revenue Management
Sesión 3: As análises do Revenue Management
Organización da información, creando as ferramentas de traballo
Os históricos de datos como axuda de proxección
Os procesos, tarefas e prioridades no Revenue Management
Sesión 4: A batalla pola distribución 1
Os novos xogadores, e os de sempre…
As fontes de disparidade.
Sesión 5: A batalla pola distribución 2
Caso práctico 1: “Á caza da disparidade”
Caso práctico 2: “Tomando decisións sobre o mix de distribución
Sesión 6: Control tarifario
Ferramentas aplicadas
Optimización da estrutura tarifaria
DATAS
Do 18 de Xaneiro ao 2 de febreiro do 2021
Data límite inscrición: 17 de Xaneiro
Sesións en liña: (obrigatorias)
Luns 18 de xaneiro, 16.00 h. Imparte: Andrés Nieto.
Mércores 20 de xaneiro, 16.00. Imparte: Daniel Meira.
Xoves 21 de xaneiro, 16.00. Imparte: Daniel Meira.
Martes 26 de xaneiro, 16.00. Imparte: Francisco Diéguez.
Xoves 28 de xaneiro, 16.00. Imparte: Francisco Diéguez.
Martes 2 de febreiro, 16.00. Imparte: Julia Rey
Nº PLAZAS: 20
Formadores:
Este curso esta dirixido por Andrés Nieto, Xefe do departamento de Comercialización Hoteleira e Revenue Management do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) en colaboración con ponentes expertos na materia:
- Julia Rey Martínez, E-Learning Manager En Beonprice Academy
- Daniel Meira Vilas, Senior Revenue Management
- Francisco Diéguez Pérez, Account Manager en Mirai
DESTINATARIOS
Profesionais do sector hoteleiro de Galicia vinculados á xestión empresarial que desexen mellorar a súa política de prezos.
REQUISITOS
Ser propietario ou traballador dun Hotel en Galicia.
CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 20 horas de formación, as persoas que participen no 80% das sesións e superen o cuestionario de autoavaliación ao rematar o curso.
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación nas sesións e titorías e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.
INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal