mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 176 RUTA DO RÍO DEVA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 176 RUTA DO RÍO DEVA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200508000019/pr-g-176-ruta-do-rio-deva
Pontedeva - Ourense
Este roteiro circular pódese iniciar na Ponte Ballote, onde conecta co PR-G 175 ou na área recreativa de Freáns, a beira do río Deva. É aconsellable este último emprazamento xa que está mellor comunicado.
Desde Freáns, área habilitada con mesas, asadores e xogos infantís, a senda discorre xunto ás dúas beiras do río Deva. As augas deste río, que baixan ata desaugar no Miño, poderemos atravesalas en tres puntos deste sinxelo roteiro: en Ponche Deva, en Entrerríos ou na Ponte Ballote.
O trazado de suave pendente discorre tranquilamente por senllas de pescadores, permitindo gozar da visión de antigas obras hidráulicas tradicionais, outrora moi importantes, como son os muros de contención, canles e muíños.
O frescor da contorna do bosque de ribeira, sempre en sombra e con árbores predominantemente caducifolios como pradairos, carballos, castiñeiros, salgueiros e bidueiros, así como unha frondosa vexetación arbustiva e herbácea, fan que este carreiro sexa un verdadeiro pracer para os sentidos.
Concello de Pontedeva
Tel.: 988 495 005
concello@pontedeva.es
www.pontedeva.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Sendeiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.