IGREXA DE SAN PEDRO DE MUÍÑOS

Relixioso
960

Localización

Parroquia: Muíños (San Pedro)

Lugar: Muíños

32890  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 57' 11.0" N - 7º 58' 45.9" W

Descrición

A igrexa de Muiños escapa da tradición construtiva da zona pola localización e estrutura da torre. Esta aparece integrada na fachada, aos pés do templo, formando na base un pórtico con arcos de medio punto, sustentado por grosos contrafortes. O corpo superior é cúbico, e o das campás, octogonal, rematado tras unha movida cornixa, en pirámide graduada. No seu interior destacan as imaxes de San Pedro e Santo Antonio.
Arriba