CASA DE ROMÁN TORRES

Civil
998
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Graña (Santa Rosa de Viterbo)

Lugar: A Graña

15590  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 15.0" N - 8º 15' 39.9" W

Descrición

Casa da segunda metade do século XVIII, de estilo ecléctico. Destaca polo seu gran tamaño. Está deseñada en forma de planta cadrada con dúas alturas. Na fachada principal resalta o espazoso balcón do primeiro andar. Na súa cara posterior ábrese unha gran galería apoiada sobre piares de pedra. Os muros de cor granate, excepto os esquinais, cornixa e vans nun ton máis claro para resaltalos. Cuberta a catro augas, con tella plana. Miradoiro no alto da cuberta, de planta octogonal, totalmente acristalado e con balcóns nas catro frontes. Magníficas vistas grazas á pendente onde se asenta.

Acceso

Desde Ferrol, bordeando A Malata, despois de pasar unha gasolineira, hai un indicador cara á Graña.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!