Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal web Turismo de Galicia (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición das persoas usuarias da internet.
A Xunta de Galicia é a titular do dominio deste e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal abertos.xunta.gal, aínda que esta pode ser tamén atopada no portal da Axencia de Turismo de Galicia e sometida aos mesmos dereitos que a situada no portal abertos.xunta.gal. A información que a Axencia de Turismo de Galicia proporciona a través do portal abertos.xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Política de Cookies
O portal web Turismo de Galicia emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Devandito isto, é preciso ter en conta que una mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.
Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
Descrición das cookies
Este portal emprega as seguintes cookies:
Tipo de cookie | Cookie | Finalidade | Política |
---|---|---|---|
De terceiros (Queue-it) | Queue-it | Empregase para distinguir usuarios | Queue-it - Protección de datos |
De terceiros (Queue-it) | QueueITAccepted-*-V3_turismo | Control da cola virtual | Queue-it - Protección de datos |
De terceiros (addThis) | loc | Rexistra datos de navegación | AddThis - Protección de datos |
De terceiros (addThis) | uvc | Rexistra visitas a través de páxinas web | AddThis - Protección de datos |
Propia | JSESSIONID | Mantén a sesión de usuarios na platafoma | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | TGWS_ID | Mantén a sesión do usuario | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | TSSESSIONID | Rexistra o nodo de conexión a plataforma | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | COOKIE_SUPPORT | Rexistra si o navegador ten habilitadas as cookies | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | CookieAcceptTurismo | Rexistra a aceptación da política de cookies do portal | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | GUEST_LANGUAGE_ID | Rexistra as preferencias de idioma do usuario | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | SCREEN_NAME | Almacena datos de sesión de usuario na plataforma | Xunta de Galicia - Política de cookies |
Propia | cookiesession1 | Xestiona a sesión do usuario na plataforma | Xunta de Galicia - Política de cookies |
De terceiros (Google) | _ga | Empregase para distinguir usuarios | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | NID | Almacena os datos de usuario para servizos de Google como recapcha | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | CONSENT | Rexistra as preferencias de cookies do usuario | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | OTZ | Almacena os datos de usuario para servizos de Google como recapcha | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | AEC | Almacena os datos de usuario para servizos de Google como recapcha | Google Analytics - Protección de datos |
De terceiros (Google) | _GRECAPTCHA | Proporcia protección contra o envío de spam | Google Analytics - Protección de datos |
Servizos de terceiros
Adicionalmente, Turismo de Galicia ten presenza en portais e servizos de terceiros para os que, se se desexa coñecer as condicións de privacidade e uso de cookies, deberán consultarlle as políticas proporcionadas polos mesmos:
Condicións de uso
A información turística elaborada a partir da actividade desenvolvida pola Axencia de Turismo de Galicia, é obxecto de propiedade intelectual e goza da protección recoñecida polo Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril.
A obtención e elaboración da devandita información por parte da Axencia de Turismo de Galicia lévanse a cabo coa maior fiabilidade que posibilita o nivel tecnolóxico actual, provendo devandito servizo segundo os medios dispoñibles en cada momento.
A información divulgada a través desta aplicación ofrécese gratuitamente á cidadanía para que poida ser utilizada libremente por ela, co único compromiso de mencionar expresamente á Axencia de Turismo de Galicia como fonte da mesma cada vez que as utilice para os usos distintos do particular e privado.
A Axencia de Turismo de Galicia declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que puidesen ser ocasionados pola interpretación e o uso da información posta a disposición da cidadanía a través da aplicación.
A Axencia de Turismo de Galicia non garante a presentación da totalidade da información turística de forma continua na web e resérvase o dereito a modificar, engadir ou eliminar a información contida nela.
Dentro do portal web de Turismo Galicia as persoas usuarias poden iniciar sesión ou rexistrar no apartado “A miña viaxe” que é un servizo para a xestión da estancia en Galicia. Dentro deste servizo existen tres opcións para a xestión da viaxe: preparando, durante e despois.
Aquela información que se recolla dentro do apartado “A miña viaxe” será visible unicamente para a propia persoa usuaria.
Política de privacidade e protección de datos persoais
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:
Quen é o responsable do tratamento
O responsable do tratamento é a Axencia de Turismo de Galicia (en diante, a Axencia) con domicilio en Crta. Santiago – Noia Km.3, 15897, Santiago de Compostela (A Coruña), web: https://www.turismo.gal/
Quen é o/a delegado/a de protección de datos
Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia
Finalidades, bases de lexitimación e datos recompilados
Este portal web so recolle datos persoais facilitados pola propia persoa usuaria de xeito optativo, por si quere inscribirse para utilizar los servizos que presta “A miña viaxe” e o boletín de novas turísticas.
A Axencia levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo con as bases de lexitimación mostradas a continuación:
Os datos persoais solicitados e tratados correspóndense coas categorías seguintes:
Os datos das persoas que se rexistren no portal poderán ser utilizados cos seguintes fins:
Prazo de conservación dos datos
Cesión ou comunicacións dos datos
Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais
Se desexa consultar máis información sobre o exercicio de dereitos pode facelo en: Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais - Xunta de Galicia
Modificación da Política de privacidade
A Axencia resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.
Máis información
Pode ampliar esta información pulsando aquí
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.