FINCA EL REMANSO

Turismo rural - Grupo-C (Casa de Labranza)
1222
No Camiño de Santiago
Periodos de funcionamento: 01/02 - 31/12

Localización

Parroquia: Viloalle (Santa María)

Lugar: A Ferrería 11

27747  Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 27' 38.3" N - 7º 21' 53.3" W

Descrición

Este establecemento está situado nunha zona rural a 4 km de Mondoñedo e atópase rodeado dunha contorna natural magnífica entre xardíns, bosques e ríos. Entre as instalacións da Leira "O Remanso", cabe destacar unha biblioteca, un xardín-terraza con zona de estar ao aire libre con  cenador e  solárium cubertos. As habitacións presentan un mobiliario de estilo rústico e dispoñen de armario. O baño é privado e dispón de ducha ou bañeira. Tamén servimos un almorzo con produtos caseiros: pan (torradas) marmeladas, xamón, queixo, froita e repostería.  E organízanse visitas guiadas, excursións e actividades, segundo a tempada. Na contorna da Leira O Remanso atópanse   as famosas fervenzas, pozas e piscinas naturais de "A  Fervenza".  A 2 kms a roteiro norte do Camiño de Santiago. E a 3 kms Mondoñedo, declarado un dos "pobos máis bonitos de España" conxunto histórico monumental: Catedral, Museos,  Bario Artesanal, Xudería, " Cova  do Rei  Cintolo" coa posibilidade de Visita guiada. E preto a Costa de Lugo a 20 minutos de desprazamento en coche da afamada Praia das Catedrais.


Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Tipos de servizos

Admisión de animais (consultar)
Agricultura ecolóxica
Aparcadoiro
Berces
Bicicletas (consultar)
Comedor
Fálase francés
Fálase inglés
Fálase italiano
Fisioterapia / Terapias Alterna.
Grella
Lavadora dispoñible- Lavandaría
Prohibido fumar
Salón
Tarefas agropecuarias
Tarxetas de crédito (consultar)
Televisión común
Xardín / Horta

Réximes

Almorzo

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Cuartos individuais11
Cuartos uso dobre48
Arriba