Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTIAGO&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTIAGO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4460/igrexa-de-santiago?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Ordenouse construír a Igrexa de Santiago a finais do século XII, para acoller a parroquia máis antiga de Ribadavia. Os seus puntos máis interesantes son a fachada, cun rosetón de vintecatro ocos, os arcos e a torre barroca.
As dúas portas dos costados, as cales se corresponden entre si e axemenizadas de maneira que só poida pasar por elas unha persoa. A da dereita ou do sur mostra á esquerda unha inscripción que di:
Joha Mja fe-
Zo lavrar
Esta pedra.
Todo o edificio está profusamente decorado. No seu interior pódense ver numerosas imaxes barrocas de destacable valor artístico. Merece especial atención a dedicada a Santiago. Data do século XIV e mostra o estilo da escola do mestre Mateo.
En 1222 xa consta documentalmente a existencia da igrexa de Santiago e, con anterioridade a 1230, posuíu a devandita parroquia moi extensas propiedades de casas e bens situados no centro da vila. Con posterioridade, os prelados dispensáronlle privilexios especiais, e acadou o status de igrexa principal da poboación.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.