23 Sep 2013

O VALOR REAL DA OPINIÓN DO CLIENTE: O único número a facer crecer

Pechado

MATRÍCULA:

Gratuíta

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN:

9 de outubro de 2013.

DATAS:

16 de outubro de 2013

HORARIOS:

De 09:00 a 14:00 horas

DESTINATARIOS:

Empresas do sector turístico. Darase preferencia ás empresas, do sector turístico de Galicia, que estean certificadas coa Q de Calidade Turística.

PRESENTACIÓN:

Nun mundo globalizado e tan competitivo como o actual, a diferenciación é un elemento crave para o turismo e, en especial, para as empresas turísticas.
Esta diferenciación está relacionada co cliente e a experiencia que este consiga ao escoller o noso establecemento e o que lle fagamos sentir durante a súa estancia.
Coñecer que opinan de nós os nosos clientes e poder enfocar o noso negocio a cubrir as súas necesidades e algo máis vólvese, neste momento, necesario e imprescindible si queremos ter éxito.


OBXECTIVOS
Analizaranse os sistemas que se utilizan actualmente para obter o feedback dos clientes e coñecerase o Sistema Net Promoter Score(NPS) de maneira que podamos valorar o que nos aporta a súa filosofía, o seu enfoque e a súa xestión ao noso negocio; sabendo que é utilizado polas mellores empresas do mundo.
Así como coñecer de forma real non só o que din os nosos clientes senón, que posición ocupamos no mercado, e o fácil e sinxelo que é xestionar esta información con Opinat.
Retos e oportunidades que xorden na conxuntura actual para o Turismo, desde a convicción de que o equilibrio é un elemento crave para manterse e superarse no contexto actual.

 

Programa

09:00h             Rexistro de asistentes

09:150h           Benvenida e presentacións

Representante de Turgalicia

Dª. Rocío Alcobre, CEO en SIresponsable - Directora e Consultora Zona Norte Opinat

9:30h               O poder dun só número: Sistema NPS

D. José María Raventós Cardús, Managing Director de Opinat

10:15h             Coloquio

10:30h             A experiencia do cliente e a súa importancia no sector turístico

Dª. Rocío Alcobre

11:15h             Coloquio

11:305h           Pausa/Café

12:00h             Navegando pola Ferramenta Opinat: a xestión dos detractores ao seu alcance

D. José María Raventós Cardús

Dª. Rocío Alcobre

12:45h             Tertuliando cos nosos clientes. Casos de éxito no turismo nacional e galego.

13:30h             Coloquio

14:00h             Fin da Xornada

Arriba