20 Mar 2024

DESEÑO DA EXPERIENCIA CLIENTE (1 HORA)

31 December 2024

DESEÑO DA EXPERIENCIA CLIENTE (1 HORA)
 

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Descobre como deseñar experiencias memorables para os teus clientes utilizando diagramas de aliñamento. Estes documentos visuais buscan aliñar a experiencia do cliente cos servizos que ofrece a empresa, centrándose nos conceptos de aliñación de valores e deseño centrado na experiencia do cliente.
 
Os diagramas de aliñamento facilitan a visualización da experiencia do cliente e o traballo en equipo para optimizar cada punto de contacto.
 
Nunha hora aprenderás a deseñar todo o ciclo da experiencia do cliente e a distinguir entre os diferentes tipos de valor, momentos críticos, sorpresas e puntos de frustración.
 
Para acelerar a transferencia de coñecementos, terás 20 minutos para comprender os conceptos básicos, outros 20 para ver un exemplo práctico dunha empresa turística real, e finalmente recibirás unha explicación do exercicio

DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

FORMADOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de marketing.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI


Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba