20 Mar 2024

CIBERSEGURIDADE E LEGALIDADE NA CONTORNA DIXITAL (1 HORA)

31 December 2024

CIBERSEGURIDADE E LEGALIDADE NA CONTORNA DIXITAL (1 HORA)
 

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico, sen olvidar a correcta xestión dos riscos asociados ao mundo dixital.

Neste curso dunha hora aprenderás todo sobre os principais ciberdelitos, como detectar o phising, que accións preventivas tomar e que facer en caso de ser vítima dun ciberdelito. En España, rexistráronse máis de 305,000 delitos informáticos en 2021, moitos deles debido ao uso inadecuado do correo electrónico ou á falta de seguridade na xestión de facturas, mensaxes SMS e outros sistemas de comunicación. O ransomware é un dos máis preocupantes e aumentou en sete veces o custo do rescate este ano.

Nesta pílula de formación, guiarémosche paso a paso e proporcionarémosche as recomendacións necesarias para protexerche dos ciberdelitos. Aprende como previr estes delitos antes de que te convertas na súa próxima vítima.

DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

FORMADOR: Juan Carlos Fernández
Abogado e Fundador de TECNOGADOS, empresa especializada na formación en ciberseguridade, privacidade e legalidade vinculada as novas tecnoloxías.  Juan Carlos é avogado e Técnico superior en informática especialista en dereito e novas tecnoloxías, protección de datos e seguridade da información e a privacidade. Acumula experiencia como formador nesta materia para a EOI (Escola de organización industrial), a UCLM (Universidade de Castilla la Mancha) entre outras moitas institucións. Participou tamén como relator nos principais congresos de Seguridade informática (CNN-Cert, RootedCon, Navaja Negra, MorterueloCon, etc).


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI


Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba