20 Mar 2024

WHATSAPP BUSINESS PARA O NEGOCIO TURÍSTICO (1 HORA)

31 December 2024

WHATSAPP BUSINESS PARA O NEGOCIO TURÍSTICO (1 HORA)

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

WhatsApp é o servizo con máis visitas diarias, cunha media de uso de 1.4 horas ao día, superando a outras redes sociais e sistemas de mensaxería como Facebook, Youtube, Instagram e TikTok.
 
Nesta sesión, aprenderás a configurar o perfil de empresa, a definir as mensaxes de benvida e as respostas predefinidas, a integrar a conta con Facebook e Instagram, e a descubrir outras curiosidades que che axudarán a mellorar o servizo aos teus clientes e aumentar os túas reservas.
 
Se aínda non definiches a túa estratexia en WhatsApp, dedica 60 minutos a esta sesión de formación e comeza a desenvolver o teu negocio a través desta canle.


DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

RELATOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba