07 May 2020

MESA DEBATE EN LIÑA "INTRODUCIÓN A AXENDA 2030, OBXETIVOS E IMPLANTACIÓN NAS EMPRESAS TURÍSTICAS"

 

PARA FACER A INSCRICIÓN:  PIQUE AQUÍ

 

"INTRODUCIÓN A AXENDA 2030, OBXETIVOS E IMPLANTACIÓN NAS EMPRESAS TURÍSTICAS"

 

 

Programa

 

A Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible é un plan que nace co compromiso dos estados membros das Nacións Unidas e conta con 17 obxectivos para transformar o mundo. Para acadar as metas da Axenda 2030 requírese o compromiso e participación de tres ordes de goberno: a administración pública, o sector privado e a sociedade civil.

Nesta xornada falarase da Axenda 2030 e os seus obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e de como o Sector Turístico pode contribuír para acadalos.  Tratarase, entre outros, acerca do plan posto en marcha pola Xunta de Galicia e ECOEMBES, dirixido aos establecementos da canle HORECA en Galicia. Igualmente actualizarase información por parte do ITH de accións e proxectos emprendidos no ámbito da eficiencia enerxética e a sustentabilidade en empresas de aloxamento e restauración.

Modera:

Ana I. Gómez Leiras, profesora de Aloxamento e Innovación Hostaleira do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)

Coa participación de :

Bruno de Llano Gómez-Ulla. Especialista en Xestión de Residuos. Dirección Xestión Local e Autonómica de ECOEMBES

Coralia Pino López. Xefe de Proxectos e Responsable de Sostenibilidade e Eficiencia Enerxética do Instituto Tecnolóxico Hotelero ( ITH)

 

DATA: Xoves, 7 de maio  ás 11:00  horas

Nº PRAZAS: 150

DESTINATARIOS:

Responsables, xestores/as,  propietarios/ as, consultores, formadores e traballadores de hoteis e empresas turísticas, especialmente PEMES de aloxamento turístico e restauración.


INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario:  PIQUE AQUÍ

Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18

 

 

 

Arriba