0246_CLUSTERTUR_GNP_1_ posibilitará a creación da primeira Agrupación industrial Transfronteiriza de Turismo Galicia-Norte de Portugal como ferramenta para reforzar a colaboración público-privada na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal no ámbito turístico.

Este é un dos tres proxectos do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) no que participa este ano Turismo de Galicia para reforzar sinerxias con Portugal. Entre as principais liñas de acción de Clustertur_GNP, ademais do deseño e posta en marcha da Agrupación industrial Transfronteiriza de Turismo Galicia-Norte de Portugal, que terá como misións principais elaborar unha Estratexia Transfronteiriza neste ámbito ata o horizonte de 2030, poñeranse en marcha accións de coñecemento empresarial conxuntas; impulsarase a Eurorrexión como destino turístico sostible e articularanse iniciativas de posta en valor do Camiño Portugués no espazo transfronteirizo. 

A nova Agrupación industrial permitirá crear unha estrutura de traballo en rede na que as empresas da Eurorrexión poidan coñecerse mellor e xerar accións de comercialización conxuntas en diferentes mercados nacionais e internacionais, a partir dunha estratexia compartida previamente articulada; favorecerá o networking e outorgará un papel protagonista aos recursos comúns e vertebradores como o Camiño de Santiago ou a enogastromía. 

<strong>CLUSTERTUR_GNP</strong>
Data de inicio
01/01/2024
Data de fin
31/12/2025


 


Socios do proxecto:CLUSTERTUR_GNP:

 

  • Beneficiario principal: Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT)
  • BE2 Turismo de Galicia. ATG
  • BE3 Associação de Turismo do Porto ATP
  • BE4 Turismo do Porto e Norte de Portugal TPNP, E.R

 

Arriba