CALIDADE TURÍSTICA

27 Nov 2020

WEBINAR DESENVOLVEMENTO DO LENZO DA TRANSFORMACIÓN VERDE E DIXITAL

Pechado

 

WEBINAR : Desenvolvemento do lenzo da Transformación Verde e Dixital

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:  PIQUE AQUÍ 

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico,  no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.


O lenzo de transformación dixital é a ferramenta que se emprega para implementar cada un dos principais habilitadores da transformación dixital (estratexia customer- centric, deseño de procesos, metodoloxías áxiles, innovación, cultura dixital, tecnoloxía, negocio dixital e márketing dixital.

OBXETIVOS
Diferenciar entre a dixitalización e a transformación dixital.
Coñecer os principais habilitadores da transformación verde e dixital.
Deseñar un plan de transformación da empresa.
Definir os indicadores de progreso ou  KPIs

DATA: Venres, 27 de novembro  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 150




RELATOR: Tirso Maldonado


Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.




DESTINATARIOS

Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 




 

PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



 

INSCRICIÓN

Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ

Máis información:  formación.turismo@xunta.gal 

Arriba