XORNADA FEMININO SINGULAR: TRAXECTORIAS ESTELARES NA HOSTALERÍA
Pechado
No marco das actividades organizadas por Turismo de Galicia na semana do "Día Internacional da Muller Traballadora", o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) en colaboración co Hotel Quinta da Auga, organiza a Xornada "FEMININO SINGULAR - Traxectorias estelares na hostalería", na que Turismo de Galicia convida ao sector hostaleiro de Galicia a participar nesta xornada o Luns 5 de marzo no Hotel Quinta da Auga en Santiago de Compostela.
A asisiencia á xornada é gratuita, e o acceso á mesma será por riguroso orden de preinscripción a través do formulario.
Programa
11.00 Inauguración
Nava Castro, Directora Turismo de Galicia
11.00 - 11.30 Presentación da Xornada
As alumnas do CSHG Cristina Filgueira, Nuria Blanco e Ingrid Serrano presentan ás poñentes:
Luisa García, propietaria e arquitecta do Hotel Quinta da Auga
Luisa Lorenzo, Directora Hotel Quinta da Auga
Manicha Bermúdez, cociñeira de A Taberna de Rotilio
Aurora Costas, Directora Hotel e Directora Operacións de Carris Hoteis
11.30 – 12.30 Debate
Presentado por Fernanda Tabarés, Directora Productora Voz Audiovisual
Interveñen: Manicha Bermúdez, Aurora Costas, Luisa García e Luisa Lorenzo
12.30 Clausura e café