O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), é unha Institución privada sen ánimo de lucro creada polas asociacións empresariais dos diferentes sectores de servizos e produtos turísticos, cuxo obxecto é o establecemento e difusión de sistemas de calidade e mellora continua específicos para o sector turístico, como elemento de mellora competitiva, así como a xestión do proceso de certificación e obtención da Marca Q, que administra en exclusiva.
Turismo de Galicia especialmente receptiva a colaborar en todas as actividades que contribúan a potenciar, promover e difundir a cultura da calidade en Galicia, considera esencial, para este obxectivo, a colaboración cos axentes do sector, en especial cos que actúan dun modo relevante como elementos dinamizadores da mellora da oferta de servizo e produto turístico. A realización de actividades pactadas ou conxuntas inciden directamente nunha unión de esforzos e polo tanto nunha maior rendibilidade dos recursos que se dispoñen polas partes para así, deste modo, xeran un campo común de acción para ser máis efectivos tanto dende o punto de vista do interese da Administración como do sector turístico de Galicia.
No mes de maio do ano 2010, ambas as dúas institucións consideraron conveniente levar a cabo, de xeito estable, accións concertadas de colaboración nun marco no que se unisen os esforzos tendentes á introdución dos sistemas de calidade e a súa implantación efectiva entre as empresas, de maneira que favorecese o posicionamento competitivo dos servizos e produtos turísticos no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia, contribuíndo a unha oferta de maior valor engadido e sostibilidade.
Por todo iso, o ICTE recoñece a Turismo de Galicia como o seu representante no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co obxectivo de conseguir a máxima difusión posible do Sistema Calidade Turística e un maior número de empresas certificadas.
Con carácter xeral, a Delegación territorial do ICTE desenvolve as seguintes funcións:
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.