Galicia, na túa casa

Abre ben os ollos ante as propostas que che presentamos. Galicia, a súa arte, a súa arquitectura, as súas catedrais, mosteiros...

Quedar na casa non significa que non se poida viaxar, aínda que sexa virtualmente. Mostramos nesta páxina varias opcións para poder visitar Galicia e os seus recursos turísticos de xeito virtual.

As cinco catedrais nas que se poder ver a evolución da arte arquitectónica desde o románico ata o barroco. Os mosteiros que, espallados por toda a xeografía da nosa terra, coa súa grande importancia a través dos séculos e que podemos ver nas súas igrexas e claustros. Santiago de Compostela foi declarada Cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985 e a súa Catedral e as prazas que a rodean son o seu núcleo de pedra. Os museos mostran a riqueza patrimonial atesourada durante séculos e permiten comprender a súa extensa historia.

Arriba
Axúdanos a mellorar!