CRUCEIRO DA PRAZA DA MADALENA

Etnográfico
1539
No Camiño de Santiago

Localización

Praza da Madalena

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 08.7" N - 7º 51' 47.8" W

Descrición

Sita na Praza da Madalena, nome que provén dunha capela xa desaparecida, propiedade do Conde de Amarante, no lugar onde a praza entronca coa do Trigo. O lugar antes de praza foi cemiterio, como nos lembran as lápidas medievais nun lateral, apoiadas na igrexa de Santa María Nai.
Está centrada por un cruceiro barroco, un dos máis fermosos da cidade, que veu descansar a este lugar desde o seu sitio orixinal, preto da Ponte Romana. Na base do fermoso cruceiro pode lerse a inscrición:«Por la cyudad se Yzo este crucero y campo siendo Corregidor el Ldo. Bernardo Patricio de Arce y Obregón. 1718». Realizado en granito, ten na cruz as figuras de Cristo e a Virxe Dolorosa. Catro medallóns rodean a Virxe con símbolos dos evanxelistas. Apóiase en tres chanzos de planta cadrada.

Acceso

Está na zona monumental.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Máis información

Arriba