PR-G 166 ROTEIRO DAS FERVENZAS DE TOQUES

Sendeirismo
2123
No Camiño de Santiago

Localización

Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 54.3" N - 7º 58' 08.5" W
42º 58' 55.5" N - 7º 57' 16.9" W

Descrición

Toques é o municipio de Galicia con máis territorio dentro da Rede Natura 2000 e por iso creouse unha rede de sendeiros que percorre unha gran parte deste valioso espazo natural. O PR-G 166 conecta co PR-G 167 e o PR-G 168 permitindo combinar os percorridos.

A senda diríxese en dirección norte, paralela ao río Furelos, cara á Serra do Careón. Na primeira parte gozaremos un tramo chan, camiñando baixo a densa sombra dos castiñeiros chegaremos a Paradela e Eirixe. Neste tramo existe unha variante ao percorrido principal entre os lugares de Buxán e Paradela que nos levará por un contorno máis agreste. Ao chegar ao muíño da Fervenza, contemplaremos o fermoso espectáculo que forma a caída de auga de 20 m de altura e o antigo muíño.

A partir da fervenza comeza o tramo de montaña pola Serra do Careón onde divisaremos o val que forma o río Furelos e entraremos nun espazo natural único pola súa flora, no que existen plantas practicamente extinguidas a nivel estatal e outras endémicas desta zona.

Despois de alcanzar a aldea de Prados o camiño descende cara ao río Furelos de maneira que o trazado se pecha sobre si mesmo ata entroncar co tramo de ida. O sendeirista poderá ser recollido en Eirixe ou regresar ao punto de inicio pola variante PR-G 166.1.

Acceso

Dende Melide seguir a CP- 4604 ata Souto, capital do Concello de Toques. A 60 m do edificio do concello, xirar en dirección a Mangoeiro. Seguir ata a Ponte da Grela e a uns 100 m atópase o comezo do sendeiro.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Un plus

SANTO ANTONIÑO DE TOQUES

Este templo románico, rodeado por unha fermosa fraga de carballos, é un dos mosteiros máis antigos de Galicia e a primeira proba da presencia beneditina nestas terras.

Presenta un exterior moi sobrio e un interior no que destaca un precioso calvario gótico de madeira policromada e pinturas renacentistas. Nos anos posteriores á Desamortización o templo funcionou como fábrica de cravos!

Lonxitude

9 km. (A variante mide 2,1 km).

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Punto de encontro co tramo de ida do PR-G 166 (Concello de Toques) - UTM 29T X:585222 Y:4759333
Punto de partida: A 100 m da Ponte da Grela (Concello de Toques) - UTM 29T X:584081 Y:4757459

Percorrido

A Ponte da Grela, Lugar de Buxán, Paradela, Lugar de Eirixe, Muíño da Fervenza, Prados, Encontro co PR-G 166.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas e 45 minutos.

Servizos

En Souto.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

96-II Toques.

Máis información

Concello de Toques
Tel.: 981 505 826
correo@toques.es
www.toques.es

J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba