Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 156 COSTA DO VICEDO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 156 COSTA DO VICEDO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170526000694/pr-g-156-costa-do-vicedo?ctre=23%26tp=6
Atopámonos no sendeiro homologado situado máis ao norte de Galicia que nos permitirá admirar a beleza da costa de Lugo dende a Ría do Barqueiro e o Cabo de Estaca de Bares ata a praia de San Román. A senda comeza no porto da vila do Vicedo, percorre a costa pasando por praias asombrosas e acantilados de centos de metros ata chegar ao areal de San Román, onde poderemos descansar observando aves que se refuxian neste magnífico lugar. Pero o punto culminante do percorrido atópase no miradoiro de Illa Coelleira e a asombrosa vista deste pequeno illote no que existiu un mosteiro templario.
O trazado é lineal, discorre por camiños e pistas forestais ben acondicionadas que permiten o percorrido en bicicleta ou a cabalo, en moitos lugares rozando acantilados de vertixe.
Non presenta desniveis e hai lugares acondicionados para descansar que o fan apto para calquera sendeirista. Conta ademais con dúas derivacións: a primeira levaranos ata a igrexa de Santo Estevo do Vicedo e a segunda, ao final da ruta, levaranos ata o miradoiro da Cruz de Baltar.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.