A BAILADORA

Áreas de recreo e miradoiros
2641

Localización

Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 19.4" N - 8º 16' 48.2" W

Descrición

O Montefaro de Ares érguese até alcanzar os 266 metros no miradoiro da Bailadora. Este punto posibilita unha completa vista panorámica da ría de Ferrol, coa vila de Mugardos en primeiro termo e a Cidade Departamental ao fondo, incluíndo o Arsenal militar e os estaleiros de Fene.

A estreita boca da ría, defendida polos castelos de San Felipe e A Palma, converte a este punto nun lugar privilexiado de relevancia estratéxica polo seu acceso por mar á cidade.

As antigas baterías militares da Bailadora, localizadas no propio miradoiro, forman parte dun extenso sistema defensivo que inclúe túneles e diversas dependencias militares que testemuñan a significación histórica desta contorna.
Arriba