PAZO DE PEDROSA

Civil
1542
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Nova 40

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 42.0" N - 8º 32' 38.0" W

Descrición

Obra realizada por Lucas Caaveiro en 1755 por encargo do Cabido. Neste edificio estivo instalado moitos anos o Hotel España, máis tarde o Restaurante Chitón. Recentemente foi rehabilitado para vivendas, cunha galería comercial nos seus baixos. Realizado en cantería de granito, consta de planta baixa con soportais, primeiro piso con balcóns riscados e balcón voado central. Segundo piso con tres balcóns e escudos. Remata o edificio unha importante cornixa voada, en cuxos extremos existen unhas gárgolas poligonais.

Acceso

Está no núcleo da capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba