IGREXA DE SAN ROMÁN DE VILAESTROFE

Relixioso
505

Localización

Parroquia: San Román de Vilaestrofe (San Román)

Lugar: Vilaestrofe

27889  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 38' 59.5" N - 7º 23' 54.6" W

Descrición

San Román de Vilaestrofe ofrece unha fermosa igrexa, na que se distinguen engadidos da súa longa historia; as súas orixes son difíciles de precisar, aínda que o remate actual amosa trazas barrocas. Destacan o seu contorno e a súa arquitectura exterior, mentres no interior, con varias naves, sorprende o seu patrón cunha policromía de estofado.
Unha das súas vidreiras representa o Sacramento de reconciliación e toma a imaxe do cadro de Rembrandt do Regreso do Fillo Pródigo.

Acceso

Dende a sede do Concello de Cervo, avanzamos 1Km ata o interior do concello e chegar as Antigas Fábricas de  Sargadelos. Dende esa localización continuamos sen desviarnos durante 2Km aproximadamente ata atoparnos con un núcleo desas. Aí atoparemos un cartel no que pon Pena e Igrexa. Desviámonos cara a esquerda e continuamos durante 800m ata chegar a unha bifurcación separada por dous contedores (un amarelo e un verde). Collemos cara a esquerda e a 200 metros chegamos ao noso destino.

Estilos

Barroco
Arriba