ERMIDA DE SAN AMARO

Relixioso
578
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xoán de Laíño (San Xoán)

Lugar: Bexo

15981  Dodro - A Coruña

Coordenadas:
42º 41' 55.8" N - 8º 44' 03.4" W

Descrición

Parece que é do século XVII, aínda que non se sabe con seguridade xa que non hai constancia da existencia de actas fundacionais nos libros do arquivo parroquial. Algún estudoso local, como Avelino Abuín de Tembra, aventura a idea de que ben puidera ter sido un cenobio monacal do século XVII, ó redor do cal nacería unha pequena comunidade veciñal. Os veciños conservan na memoria esta capela de San Amaro coma A Armida, e aparece nos Libros de Fábrica coma capela de San Benito e San Mauro. Debeu sufrir importantes modificacións na súa estrutura, figurando documentos de unha reparación importante na década dos anos vinte. As reformas afectaron ó interior, co repintado das paredes o reforzo da tribuna cunha trabe de formigón. É de planta cuadrangular con ábsida cadrada na cabeceira e muros de cachotería, cunha bóveda de canón interior rebaixada. Cuberta a dúas augas con acabado en tella camba. Ten tribuna no interior. A fachada principal só ten unha porta sinxela, tendo outra porta nun lateral. Carece de calquera clase de ornamentación, presentando unha sinxela espadana rematada en cruz, na que pendura unha pequena campá. Medidas: 10,20 m. de largo e 6,35 m. de ancho.

Acceso

Dende a Casa do Concello na AC-305 (Pk 2,9) collemos a estrada con dirección Rianxo e a 3,7 Km no lugar de Bexo está a capela á dereita.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Barroco
Arriba