Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 200 RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 200 RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200519000095/pr-g-200-ruta-das-lagoas-glaciares-da-serpe-e-de-ocelo?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
A aldea da Ponte é o inicio e final deste carreiro de montaña con trazado circular. O percorrido comeza fronte á Igrexa de Santa María Madalena e pasa xunto á antiga casa-escola, convertida en Centro de Visitantes da ZEC Pena Trevinca. Enseguida bifúrcase a senda: de fronte pódese ascender ao monte O Fial e á Lagoa da Serpe; á dereita a subida será máis suave e alcanza antes a Lagoa de Ocelo.
Optando por esta segunda opción o itinerario ascende por unha pista ata alcanzar o valado metálico do coto cinexético de Xares. A pista ancha continúa ata a Lagoa de Ocelo (1.510 m). Logo, unha estreita senda de montaña en dirección este que bordea a saia do monte O Fial, alcanza a Lagoa da Serpe, relacionada con diversas lendas.
Para regresar, gáñase altura por un camiño empinado ata un magnífico miradoiro sobre a propia lagoa. O roteiro segue unhas roderas que suavemente alcanzan o redondeado cume de O Fial (1.841 m), lugar desde onde observar toda a Serra de Trevinca e os vales do Xares e do Bibei. O descenso á Ponte realízase pola pista de Pena Ferro e o camiño de As Calellas.
Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Sendeiros
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.