PR-G 200 RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO

Sendeirismo
4056

Localización

A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 02.2" N - 6º 53' 39.4" W

Descrición

A aldea da Ponte é o inicio e final deste carreiro de montaña con trazado circular. O percorrido comeza fronte á Igrexa de Santa María  Madalena e pasa xunto á antiga casa-escola, convertida en Centro de Visitantes da ZEC Pena Trevinca. Enseguida bifúrcase a senda: de fronte pódese ascender ao monte O Fial e á Lagoa da Serpe; á dereita a subida será máis suave e alcanza antes a Lagoa de Ocelo.

Optando por esta segunda opción o itinerario ascende por unha pista ata alcanzar o valado metálico do coto cinexético de Xares. A pista ancha continúa ata a Lagoa de Ocelo (1.510 m). Logo, unha estreita senda de montaña en dirección este que bordea a saia do monte O Fial, alcanza a Lagoa da Serpe, relacionada con diversas lendas.

Para regresar, gáñase altura por un camiño empinado ata un magnífico miradoiro sobre a propia lagoa. O roteiro segue unhas roderas que suavemente alcanzan o redondeado cume de O Fial (1.841 m), lugar desde onde observar toda a Serra de Trevinca e os vales do Xares e do Bibei. O descenso á Ponte realízase pola pista de Pena Ferro e o camiño de As Calellas.

Acceso

Desde A Rúa ou desde A Gudiña pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga, proseguir ata Xares e chegar ata A Ponte no Concello da Veiga.

Lonxitude

14 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Ponte (Concello da Veiga)
Punto de partida: A Ponte (Concello da Veiga)

Percorrido

A Ponte, As Salgueiras, Lagoa de Ocelo, Lagoa da Serpe, O Fial, A Ponte.

Dificultade

Media - Alta

Duración

5 horas

Conexións

Co PR-G 201. A través deste, tamén enlaza cos sendeiros PR-G 198 e PR-G 199.

Material

Roupa de abrigo, mesmo no verán. Provisións de auga. GPS e mapa.

Servizos

Fora de ruta, na Veiga.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

228-II Lamalonga, 228-IV Porto, 229-III Peña Trevinca

Máis información

Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!