CASA DE CÁNDIDO / PAZO DE VISTA ALEGRE

Civil
813
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berdeogas (Santiago)

Lugar: A Farrapa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 58.7" N - 9º 05' 33.6" W

Descrición

Construción orixinal do s.XVIII. Construción de carácter pacego que forma parte dun conxunto arquitectónico e paisaxístico moi interesante pola escaseza de exemplos similares na contorna.
O edificio principal modificou a traza orixinal de planta configurada en forma de “L” á que, con posterioridade, se lle engadiu perpendicularmente un novo corpo, adaptándose a forma do terreo.

Acceso

Dende a capital municipal do Concello de Dumbría, saír pola estrada DP-3404 cara o NO, a 1 km xirar á dereita pola AC-552 dirección A Coruña. A uns 2 km, xirar á dereita pola AC-442 dirección Berdeogas – Negreira – Santiago. A 1 km e medio está o pazo á man esquerda da estrada. Á leira accédese dende a estrada por un estreito camiño que se abre nun pequeno muro de pedra que fai de peche.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba