FECHA CARNEIRA OU DO REGO SALGUEIRO

Fervenzas
187

Localización

Parroquia: Xermeade (San Miguel)

Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 55' 36.7" N - 7º 58' 35.1" W

Descrición

A fervenza de Fecha Carneira está situada no rego de Salgueiros, afluente do río Salas.

Hai varias formas de achegarse a ela. Pódese baixar dende Xermeade (concello de Muíños), cruzar o río e coller a pista que sube a Salgueiros. Outra forma de chegar é seguindo a estrada de Prado, onde cruzamos a ponte sobre o río Salas para desviarnos por unha pista balizada ata o rego de Salgueiros. A auga ten que superar un gran desnivel para chegar ao río Salas e cae entre grandes rochas graníticas, dando lugar a numerosas fervenzas que forman pequenas pozas ou piscinas naturais.

A fervenza máis alta ten uns 10 metros de altura.

IMPORTANTE: ruta só recomendada para persoas con experiencia en camiñar/escalar pola montaña.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba