Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 95 SENDEIRO DE 'OS CARRANOS'&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 95 SENDEIRO DE 'OS CARRANOS' extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/261054821/pr-g-95-sendeiro-de-os-carranos-?ctre=23%26tp=6
Xunto á antiga casa reitoral de Fofe iníciase esta rota que baixa ata a área recreativa da praia fluvial de Maceira, visitando no seu percorrido o destacable serradoiro hidráulico dos Carranos. No traxecto, os bosques da ribeira do nacemento do río Tea amosan a súa riqueza natural, e a estilizada Ponte Romana de Fofe, probablemente de época medieval, permite gozar dende o alto das magníficas vistas das piscinas naturais do río.
O serradoiro dos Carranos, construído en 1922, mostra nun lateral a nora que aínda move a súa maquinaria, impulsada pola auga do regato de Vixiáns. Nel, noutrora facíanse carros, o cal lle valeu o seu nome, e tiña sequeiro e almacén de madeira, así como unha pequena forxa para elaborar as ferraxes coas que calzar as rodas dos carros.
Concello de Covelo
Tel.: 986 650 027
www.concellodecovelo.es
Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.