Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA MONACAL CONVENTUAL DE SANTO DOMINGO DE TUI&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA MONACAL CONVENTUAL DE SANTO DOMINGO DE TUI extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4598/igrexa-monacal-conventual-de-santo-domingo-de-tui?ctre=31%26tp=8
A fábrica comeza en 1330 despois do traslado de los dominicos á nova loxalización. A primitiva igrexa era máis pequena, encaixada entre o convento e a igrexa románica de San Xoán de Porto (desaparecida completamente en 1730). Arredor de 1400 inícianse novas obras para construír a cabeceira actual; a achega do bispo Xoán Fernández de Soutomaior en 1423 foi fundamental para concluír a capela maior. Nave central, orixinalmente máis longa, e cabeceira de tres ábsidas, dúas delas (a maior e a da epístola) con bóvedas de abanico.
A portada principal é de 1730, e a lateral (acceso ao cruceiro) do século XV. No interior destacan os seus retablos barrocos: o principal realizado por Antonio del Villar en 1744, magnífica obra da súa madurez, onde destacan as imaxes dos santos dominicos; e no cruceiro sur o extraordinario retablo de Nosa Señora do Rosario, de arquitecto anónimo portugués, de 1740, cunha representación da batalla de Lepanto no seu ático que o fan único en España. O convento dominico está conservado na case súa totalidade, pero no século XIX desapareceu o seu claustro.
É unha igrexa onde se enterraría a nobreza da rexión (Soutomaior, Correa, Valladares, Troncoso de Lira) pero tamén os ricos mercadores e artesáns da cidade.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.