IGREXA MONACAL CONVENTUAL DE SANTO DOMINGO DE TUI

Relixioso
2485
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tui (O Sagrario)

Lugar: Tui

Rúa: Antero Rubín

36700  Tui - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 56.0" N - 8º 38' 24.0" W

Descrición

A fábrica comeza en 1330 despois do traslado de los dominicos á nova loxalización. A primitiva igrexa era máis pequena, encaixada entre o convento e a igrexa románica de San Xoán de Porto (desaparecida completamente en 1730). Arredor de 1400 inícianse novas obras para construír a cabeceira actual; a achega do bispo Xoán Fernández de Soutomaior en 1423 foi fundamental para concluír a capela maior. Nave central, orixinalmente máis longa, e cabeceira de tres ábsidas, dúas delas (a maior e a da epístola) con bóvedas de abanico.

A portada principal é de 1730, e a lateral (acceso ao cruceiro) do século XV. No interior destacan os seus retablos barrocos: o principal realizado por Antonio del Villar en 1744, magnífica obra da súa madurez, onde destacan as imaxes dos santos dominicos; e no cruceiro sur o extraordinario retablo de Nosa Señora do Rosario, de arquitecto anónimo portugués, de 1740, cunha representación da batalla de Lepanto no seu ático que o fan único en España. O convento dominico está conservado na case súa totalidade, pero no século XIX desapareceu o seu claustro.

É unha igrexa onde se enterraría a nobreza da rexión (Soutomaior, Correa, Valladares, Troncoso de Lira) pero tamén os ricos mercadores e artesáns da cidade.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Orden Relixiosa

Dominicos
Arriba
Axúdanos a mellorar!