IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ANTOÍÑO DE BAIÑAS

Relixioso
1099

Localización

15127  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 40.9" N - 9º 01' 08.9" W

Descrición

A igrexa de Baíñas era a dun mosteiro benedictino medieval, con xurisdición propia, que no século XV pasou a depender do mosteiro compostelán de San Martiño Pinario. Desde aquela foi un priorado que foi desmantelado, probablemente, na Desamortización de 1836. Na igrexa apréciase o templo medieval nos seus canzorros que mostran escenas sexuais, animais e motivos vexetais, ou tamén nos diferentes arcos e contrafortes. Destaca na igrexa o tímpano do muro norte, sobre unha porta hoxe tapiada. Representa un home sobre un cabalo e asóciase coa lenda de San Martiño.

Acceso

Estrada de Vimianzo-Fisterra. En Berdoias tomaremos cruzamento á esquerda seguindo indicador Baiñas.
Arriba