Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DO CAMPO&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DO CAMPO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5329/igrexa-parroquial-de-santa-maria-do-campo?ctre=31%26tp=8
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar: Ribadeo
Rúa San Francisco
27700 Ribadeo - Lugo
Igrexa parroquial que dende 1835 leva a advocación de Sta. Mª del Campo, tras ser abandonada polos franciscanos. De fábrica de cachotaría e cadeirado granítico, consta de nave central cuberta de bóveda sinxela de nervios, capela maior, dúas capelas absidais e outras laterais. Frontis con porta gótica do s. XIV con catro columnitas e capiteis de decoración vexetal, grande ventanal da mesma época con decoración de puntas de diamante e dous columnitas con capiteis de decoración vexetal, e esvelta torre-campanario no centro de estilo neogótico. Ao lado esquerdo hai unha portada gótica moi semellante á principal con decoración angulosa e vexetal nos dous capiteis dos seus columnitas. Do interior destacan os arcos románicos que dan acceso á Sala capitular antiga dende o claustro e dous retablos barrocos do s. XVIII.
Nel tamén se poden atopar os escudos de armas de importantes familias fidalgas de Ribadeo.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.