PAZO DE LEMAIO

Civil
1051

Localización

Parroquia: Lemaio (Santa Mariña)

Lugar: O Grixario

15146  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 28.0" N - 8º 38' 27.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Terreo cultivado con hórreo de pedra. Muro e portal de entrada encerrando a fachada principal do edificio e alpendres, mentres que a fachada posterior está á beira do camiño. Corpo principal, que puido ser torre, de planta rectangular e cuberta a catro augas de tella. Con muros de cantería e grande portalón de entrada con arco de medio punto de grosas doelas. Unido a este corpo e de menor envergadura aparece outro que se supón de construción posterior con muros de cachotaría con linteis, xambas e esquinais de cantería. Escudo centrado sobre o arco de entrada e, pegado ao, outro pequeno escudo.

Acceso

Dende Laracha pola C-552, dirección Carballo, ata atopar desvío á dereita a Lemaio, onde se acha o pazo.
Accesibilidade: Inmediacións: coche, autobús. Recurso: peonil.
Arriba