Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FESTA DO REQUEIXO E DO MEL DAS NEVES&body=Recoméndoche que leas a información FESTA DO REQUEIXO E DO MEL DAS NEVES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-po-000032/festa-do-requeixo-e-do-mel-das-neves?ctre=261%26langId=gl_ES%26tp=97
Cada Venres Santo, o requeixo e o mel protagonizan nas Neves unha cita gastronómica que deu os seus primeiros pasos no ano 91. Visitantes procedentes de toda Galicia achéganse a esta localidade atraídos polo requeixo, que se degusta acompañado polo mellor mel da cooperativa ou polos viños tintos de Rubiós. Alén destes produtos representativos da zona, na feira non faltan outros pratos como o polbo á feira, os chourizos ao viño e, por suposto, a música.
Ademais, celébranse cursos, conferencias e seminarios que xiran arredor do requeixo e o mel. Na elaboración do requeixo só se emprega leite de vaca producido en Galicia e fermentos lácticos, sen ningún tipo de conservantes nin estabilizante. Aínda que o seu uso tradicional fose como sobremesa, o requeixo das Neves ten múltiples usos en pratos salgados.
Aínda que é moi difícil sinalar unha data aproximada para a existencia do requeixo das Neves, sabemos que os peregrinos que facían o denominado Camiño da Raíña eran agasallados con requeixo ao seu paso pola zona cara a Compostela.
Pola súa parte, o mel é tamén un dos produtos tradicionais da zona do Condado e A Paradanta. Conta cunhas espléndidas condicións para a súa produción dada a gran cantidade, calidade e variedade de plantas melíferas existentes. Breixo, eucalipto, castiñeiro ou silva son algunhas das especies vexetais nas que as abellas recollen o néctar co que elaboran este mel.
Destacado: Degustación do requeixo con mel.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.