16 Apr 2020

WEBINAR "MARKETING DIXITAL PARA RESTAURANTES"

Pechado

 



Marketing Dixital para restaurantes

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas en modalidade de teleformación co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, a comunicación, o teletraballo e o márketing en liña

Este Webinar  propónche un conxunto de ferramentas básico de marketing dixital dirigido  especialmente a restaurantes, cafeterías e bares. o obxectivo do curso é que coñezas o conxunto de estratexias, aplicacións e tecnoloxía necesaria para axudarche a mellorar os resultados do teu negocio.

Obxectivos:
- Como dar a coñecer o te establecemento e captar clientes
- Deseñar o marketing mix de canais
- Deseñar experiencias de cliente satisfactorias para promover a propina dixital
- Aplicacións e servizos na nube necesarios para mellorar as ventas

DATA: Xoves 16 de abril  ás 11:00 h.


Nº PRAZAS: 150

RELATOR: Tirso Maldonado


Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.


DESTINATARIOS:
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hosteleiras, propietarios, coaches, pemes, profesores e consultores en turismo e hostelería que queiran traballar de forma remota.


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:

Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18

 

Arriba